Sunday 28 de April de 2024

As patinadoras ordenses perfeccionan o seu estilo coa seleccionadora nacional Angélica Morales


Esta fin de semana seis patinadoras ordenses (Karolina del Río, Lara Reboredo, Diana Iglesias, María González, Paula Cornes e Alba Diéguez) participaron no campus de tecnificación ‘Solo Danza’. Unha actividade de aprendizaxe e perfeccionamento impartida pola seleccionadora nacional de patinaxe artística Angélica Morales. A cita desenvolveuse no próximo concello de Arteixo, e nela participaron preto de 50 patinadores de toda Galicia.